NORMAS DOS FOROS DOS CURSOS/COMUNIDADES

En beneficio de todos, para o emprego dos Foros dos Cursos/Comunidades OnLine, establécense as seguintes normas de participación:

  • As mensaxes deberán estar relacionadas co tema do Foro.
  • As mensaxes publicadas deberán adecuarse á cortesía e boas maneiras. Non están permitidos os insultos, descalificacións e comentarios non construcivos ou fora de tono.
  • Rógase que vixiles a túa ortografía e evites a linguaxe sms. Recorda que escribir en maiúsculas é equivalente a gritar.
  • Non está permitida a publicidade, nin a realización de operacións de compra, venta, aluguer ou prestación de servizos, directamente ou mediante a redirección ou publicación de enlaces a sitios web ou blogs. Se tes que facer chegar algún tipo de información comercial ou de servizos a outro usuario, por favor faino a través dunja mensaxe privada.
  • Non está permitido solicitar ou recomendar material que non respete as normas sobre propiedade intelectual (cracks, serials, keygens, etc.).
  • Non están permitidas conversacións sobre política, sexo, relixión, cuestións personais ou calqueira outro tema que poida crear polémica ou malestar no colectivo.
  • Non se permitirán aquelas mensaxes que non cumpran con esta normativa, e o Profesor ou o Administrador poderán pechar ou eliminar sin previo aviso aquelas xa publicadas. En caso de non estar dacordo con algunha decisión podes comentalo ao Profesor ou ao Administrador nunha mensaxe privada.
  • O incumprimento das normas poderá supoñer a expulsión do Curso/Comunidade. No suposto de que a infracción puidera ser cualificada como grave, estarase ao previsto nos estatutos colexiais.
  • Se te consideras agraviado pola actuación do Profesor ou do Administrador, podes presentar unha queixa dirixida ao Vogal de Formación, que resolverá persoalmente ou remitirá a queixa a quen corresponda dentro do organigrama colexial, segundo a gravidade do tema.
  • Asegúrate que o tema que vas a tratar non foi aberto nun post anterior.

Os encargados de moderar os distintos Foros dos que consten o Curso/Comunidad será o equipo docente do mesmo, o persoal do Gabinete Técnico e calquera outra persoa designada pola Xunta de Goberno do COATAC.

Tal e como se indica nestas Normas, o incumprimento das mesmas poderá supoñer a expulsión do Curso/Comunidade.

No suposto de que a infracción puidese ser calificada como grave, procederase segundo o previsto nos Estatutos Colexiais.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.