Fondos Europeos Next Generation. Axudas para a Rehabilitación Enerxética de Edificios e Vivendas
Descarga aquí a aplicación de cálculo e comparativa de subvencións dos Fondos Next Generation actualizada.
Pica aquí para acceder a toda a información.
17/10/24
Canles e Redes sociais do COATAC
O Colexio pon á túa disposición dúas novas canles de comunicación, para facerche chegar de forma regular todas as novidades de interese para a profesión (Noticias, Eventos/Formación, etc).
01/10/24
ALERTA 112: FMA POR COSTEIROS DE NIVEL LARANXA
Aviso de la Dirección General de Emergencias e Interior.
20/11/24
Nota Importante: a representación nas Xuntas de Goberno dos Colexios Profesionais debe ser equilibrada entre homes e mulleres respectando a porcentaxe do cuarenta por cento do sexo menos representado (60% - 40%)
A recente Sentenza do Tribunal Supremo número 1.707/2024, de data 30/10/2024, aclara que o principio de "presenza ou composición equilibrada" de mulleres e homes resulta de aplicación nas eleccións dos Colexios Profesionais.
Esta resolución do Alto Tribunal é coincidente coas decisións adoptadas, nas derradeiras Eleccións a Xunta de Goberno do COATAC, poa Xunta Eleitoral e polo Consello Galego o anular unha candidatura formada por 7 homes e 2 mulleres.
Adxúntase nota/informe do CGATE sobre este asunto e a propia Sentenza do TS.
19/11/24
Seguemento orzamentario mensual: outubro de 2024
Consulta no documento adxunto o Seguemento Orzamentario Mensual correspondente o ano 2024, actualizado o mes de outubro.
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
18/11/24
Xunta Xeral Ordinaria de Colexiados - Decembro de 2024: Orde do Día Provisional
Conforme ao disposto nos artigos 20, 21, 22 E 24 dos Estatutos do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña, a Xunta de Goberno, en sesión ordinaria do 04 de novembro de 2024, acordou a convocatoria de Xunta Xeral Ordinaria para o 19 de decembro de 2024 a celebrar ás 19:00 horas en primeira convocatoria ou, de non alcanzarse o quórum necesario, en segunda convocatoria, o mesmo día ás 19:30 horas, en modalidade presencial no Salón de Actos da Sede da Coruña do COATAC (Pza. Marqués de San Martín, 5 – 1º– A Coruña) e de forma adicional en modo videoconferencia.
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
15/11/24
Consello Galego da Arquitectura Técnica: Ábrese o Período de Inscrición nas listas de Peritos Forenses 2025
Segundo o protocolo de colaboración no que se establece a vontade de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consello Gallego da Arquitectura Técnica no ámbito da quenda de asistencia pericial á Administración de Xustiza en Galicia, enmarcada no principio xeral de colaboración recollido na Lei 11/2001, do 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, cumprido o oitavo ano, o Consello abre un período de inscrición para incorporarse á renovación das listas de peritos forenses sinaladas no marco do convenio para o ano 2025.
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
14/11/24
Formación COATAC
Informámosche que está aberto o prazo de preinscrición para os seguintes eventos formativos organizados polo COATAC:
- Xornada Informativa - Catalana Occidente: SRC 2025
- Xornada Informativa - Presentación aplicación informática colexial: “Xestor Documental”
Mais información sobre este e outros eventos organizados polo COAT AC picando aquí.
12/11/24
Xornada Informativa: SRC MUSAAT
O COAT da Coruña, en colaboración con Musaat, organiza o próximo martes 26 de novembre ás 18:00 horas unha videoconferencia informativa presencialmente no Salón de Actos da nosa sede na Coruña na que desde a Mutua detallaranse as novidades da póliza de Responsabilidade Civil Profesional para o exercizo 2025, así como todas as ventaxas de ser mutualista. Ademais, haberá espazo para plantexar preguntas e dúbidas que poidan surxir a nivel particular.
Así mesmo, Musaat sorteará varias pólizas de Responsabilidade Civil anual sen custo para o mutualista entre todos os asistentes ás xornadas que está organizando a Mutua cos colexios profesionais. Para participar no sorteo é imprescindible cumprimentar debidamente a papeleta que se lle entregará, de forma presencial ou online.
Co obxectivo de facilitar a organización e ter unha estimación dos asistentes á xornada, rogamos confirmes a túa participación no correo-e: gestiongabinete@coatac.es ou picando aquí.
¡Esperamos contar coa túa presenza!
21/11/24
ADF
Te informamos que el jueves 12 de diciembre tendrá lugar a las 17:00 h, presencialmente en el Salón de Actos del COATAC en A Coruña y también mediante videoconferencia, una Jornada explicativa donde responsables del Ayuntamiento de A Coruña informarán sobre las novedades del Servicio de Licencias.
A la misma está previsto que asistan el Concejal de Urbanismo, Rehabilitación y vivienda del Ayuntamiento de A Coruña D. Francisco Dinis Díaz Gallego, así como la Directora de Urbanismo Dª Gloria de la Montaña, acompañados de Yolanda Teixido, jefa del Servicio de Intervención de la Edificación, y de Beatriz Moar, jefa del Departamento de Disciplina Urbanística.
Si estás interesado en asistir a esta Jornada, ponte en contacto con el Gabinete Técnico del COATAC a través del email gestiongabinete@coatac.es antes de las 14:00 del jueves 12 de diciembre, indicando si quieres asistir de forma presencial o por videoconferencia.
21/11/24
DPArquitectura convídalle ao DPAFórum A Coruña o 27 de novembro.
Infoconstrucción e DPArquitectura organizan unha nova edición de DPA Fórum A Coruña, un punto de encontro anual para os profesionais do sector.
A apertura correrá a cargo dos arquitectos Manuel Carbajo e Celso Barrios. Ademais, Cevisama obsequiará cunha noite de hotel aos asistentes a este evento que visiten a Feira en 2025.
Este evento celebrarase o 27 de novembro no hotel ATTICA 21 (Enrique Mariñas 34).
Xa se pode reservar praza gratuíta aquí.
19/11/24
CGATE: Video da Xornada “A Arquitectura Técnica na preservación do patrimonio cultural”
O CGATE infórmanos que o pasado 24 de outubro celebrouse a xornada “A Arquitectura Técnica na preservación do patrimonio cultural”, na que participaron os compañeiros Jose Alberto Alonso, e Xavier Casanovas membros da xunta directiva de ICOMOS e Jose María Cabeza Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais.
Dado o éxito e o interese desta xornada, a gravación está dispoñible no canal de YouTube do CGATE.
Pica aquí para acceder á gravación.
19/11/24