Canles e Redes sociais do COATAC
O Colexio pon á túa disposición dúas novas canles de comunicación, para facerche chegar de forma regular todas as novidades de interese para a profesión (Noticias, Eventos/Formación, etc).
01/10/24
Actos de Celebración do noso Patrón San Juan de Ortega 2025
O próximo 6 de xuño (venres), os/as colexiados/as do COATAC, celebraremos a festividade do noso Patrón San Juan de Ortega.
Consistirá nun Acto de recoñecemento aos/as colexiados/as que cumpren 60, 50 e 25 anos de exercicio profesional, así como nunha Cea de Confraternización. Debido á rotación da celebración deste acto entre as tres sedes colexiais, este ano corresponde realizalo na Coruña.
15/04/25
Información Fiscal de abril de 2025
Xa tes dispoñible a información fiscal actualizada a abril de 2025.
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
11/04/25
Formación COATAC
Informámosche que está aberto o prazo de preinscrición para os seguintes eventos formativos organizados polo COATAC:
- Xornada Informativa: UNHA MAGNÍFICA SAÍDA LABORAL PARA OS PROFESIONAIS DA ARQUITECTURA TÉCNICA: SER FUNCIONARIO NA DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO
- Xornada Informativa: INCYE - SOLUCIÓNS ESPECIAIS CON SISTEMAS MODULARES DE ESTABILIZACIÓN, ACODALAMENTO E APEO
- Xornada Informativa SODECA - SOLUCIÓNS DE VENTILACIÓN PARA A MITIGACIÓN DO GAS RADÓN
10/04/25
Xunta Xeral Ordinaria de Colexiados - Maio 2025: Orde do día Provisional
Conforme ao disposto nos artigos 20, 21, 22 e 24 dos Estatutos do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña, a Xunta de Goberno, en sesión ordinaria de 24 de marzo de 2025, acordou a convocatoria de Xunta Xeral Ordinaria a celebrar o xoves 08 de maio de 2025, ás 18:30 horas en primeira convocatoria ou, de non acadarse o quórum necesario, en segunda convocatoria, o mesmo día ás 19:00 horas, en modalidade presencial no Salón de Actos da Sede da Coruña do COATAC (Pza. Marqués de San Martín, 5 – 1º– A Coruña) e de forma adicional en modo videoconferencia.
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
07/04/25
Circular 2504
Xa está dispoñible a nova Circular 2504, con seguinte contido desenvolvido:
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
04/04/25
Seguemento orzamentario mensual: febreiro de 2025
Consulta no documento adxunto o Seguemento Orzamentario Mensual correspondente o ano 2025, actualizado o mes de febreiro.
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
25/03/25


Real Decreto 249/2025
Publicouse no BOE nº 89, de 12 de abril, Real Decreto 249/2025, de 25 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 244/2016, de 3 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 32/2014, de 22 de decembro, de Metroloxía.
15/04/25
Real Decreto 164/2025
Publicouse no BOE nº 87, de 10 de abril, Real Decreto 164/2025, de 4 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais. BOE nº 87, de 10 de abril.
11/04/25
CGATE: Folla Informativa HIT nº 2 /2025
O Gabinete Técnico do Consello Xeral ha elaborado o nº. 2 correspondente ao ano 2025 da Folla Informativa Técnica (HIT) en formato dixital, con diferentes contidos sobre regulamentación, normativa e demais documentación referenciada correspondente a estes últimos meses.
11/04/25
Infoconstrucción e DPArquitectura convídanlle á Xornada para Profesionais sobre Produtos e Sistemas para a Arquitectura Actual. Santiago de Compostela, 29 de abril
Infoconstrucción e DPArquitectura convídanche á Xornada Profesional sobre Produtos e Sistemas para a Arquitectura Actual.
Este evento celebrarase o 29 de abril no hotel Santiago de Compostela (Rua do Restollal, 24 - Santiago).
A apertura correrá a cargo dos arquitectos Álvaro Marín e Alfonso Castro do estudo Dosesmas, entre outros.
11/04/25