O COAT da Coruña, en colaboración con Musaat, organiza o próximo martes 26 de novembre ás 18:00 horas unha videoconferencia informativa presencialmente no Salón de Actos da nosa sede na Coruña na que desde a Mutua detallaranse as novidades da póliza de Responsabilidade Civil Profesional para o exercizo 2025, así como todas as ventaxas de ser mutualista. Ademais, haberá espazo para plantexar preguntas e dúbidas que poidan surxir a nivel particular.
Así mesmo, Musaat sorteará varias pólizas de Responsabilidade Civil anual sen custo para o mutualista entre todos os asistentes ás xornadas que está organizando a Mutua cos colexios profesionais. Para participar no sorteo é imprescindible cumprimentar debidamente a papeleta que se lle entregará, de forma presencial ou online.
Co obxectivo de facilitar a organización e ter unha estimación dos asistentes á xornada, rogamos confirmes a túa participación no correo-e: gestiongabinete@coatac.es ou picando aquí.
¡Esperamos contar coa túa presenza!