Infomámosche que o xoves 12 de decembre terá lugar ás 17:00 h, presencialmente no Salón de Actos do COATAC na Coruña e tamén mediante videoconferencia, unha Xornada explicativa onde responsables do Concello da Coruña informarán sobre as novidades do Servizo de Licenzas.
Áa mesma está previsto que asistan o Concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e vivenda do Concello da Coruña D. Francisco Dinis Díaz Gallego, así como a Directora de Urbanismo Dª Gloria de la Montaña, acompañados de Yolanda Teixido, xefa do Servizo de Intervención da Edificación, e de Beatriz Moar, xefa do Departamento de Disciplina Urbanística.
Se estás interesado en asistir a esta Xornada, ponte en contacto co Gabinete Técnico do COATAC a través do email gestiongabinete@coatac.es antes das 14:00 do xoves 12 de decembro, indicando se queres asistir de forma presencial ou por videoconferencia.