Xornada de presentación da Plataforma Libro do Edificio Dixital (LED) do CATEB
Publicada o 20/11/24

O Libro do edificio é o mecanismo para favorecer a conservación e mantemento dos edificios da que teñen a obrigación os propietarios dos mesmos. Pero unha xestión sen a colaboración entre axentes e sen un técnico de cabeceira especialista en mantemento é pouco eficaz. A redacción do Libro del Edificio sen un sistema de xestión asociado é un modelo estático.

O Libro do Edificio Dixital LED é a plataforma de xestión dos edificios que representa unha revolución na converxencia da tecnoloxía e a edificación contemporánea. Unha oportunidade sen precedentes para que o técnico xestor de mantemento asuma un papel proactivo na revolución dixital da edificación e pasar dun modelo estático a un modelo dinámico.

Nesta xornada falaremos do contexto e do momento actual, cunha cidade construida envellecida e responsable dunha gran parte das emisións de gases de efecto invernadoiro, e de cómo encarar esta era do mantemento e a mellora dos edificios existentes poden abrir un océano azul de oportunidades aos profesionais da arquitectura técnica.

Aproveitaremos tamén para presentarnos esta plataforma revolucionaria LED que pode facilitar esta transición cara un novo horizonte. Mais información da plataforma en www.librodeledificiodigital.es

Convocatoria: 10/12/2024 ás 15h (duración de 1,5h)

Formato: streaming mediante a plataforma Zoom:

Entrar Zoom Reunión:

https://zoom.us/j/92324371653?pwd=MqCQ5xZyPYQz9uwtguinVLaEULcn7g.1

ID de reunión: 923 2437 1653

Código de acceso: 595535

Ponente: Ariadna Campins Martin, arquitecta técnica, responsable do programa LED e coordinadora da consultoría técnica do Cateb.

Programa:

1. Benvida

2. Antecedentes e contexto:

a. Directivas europeas e transformación da cidade construida

b. Modelos de xestión en edificios residenciais

c. Transición da ferramenta do Libro do edificio

3. Oportunidades e posicionamento

a. A estratexia do océano azul

b. Impulso do técnico de cabeceira na xestión de edificios

4. Presentación da plataforma LED

a. Introdución

b. Produtos

c. Convenios

d. LED libro do edificio

e. LED gestión do mantemento

5. Quenda de preguntas

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.