CGATE: Publicado a Real Decreto Lei 9/2024, do 23 de decembro, polo que se prorrogan as deducións fiscais no IRPF por obras de mellora enerxética en vivendas
Publicada o 09/01/25

O Consello Xeral da Arquitectura Técnica infórmanos de que o pasado 24 de decembro publicouse no BOE o RDL 9/2024, polo que se adoptan medidas urxentes en materia económica, tributaria, de transporte, e de Seguridade Social, e prorróganse determinadas medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social. 

Na súa Disposición adicional quincuaxésima inclúese a prórroga das deducións fiscais no IRPF por obras de mellora enerxética en vivendas ata o 31 de decembro de 2025 no caso de vivendas e ata o mesmo día de 2026 no caso de edificios:

 

  • Dedución do 20% por actuacións que reduzan un 7% a demanda de calefacción e refrixeración en vivenda habitual cun máximo de 5.000 € por vivenda.
  • Dedución do 40% por actuacións que reduzan un 30% o consumo de enerxía primaria non renovable, ou melloren a cualificación enerxética ata unha A ou B en vivenda habitual cun máximo de 7.500 € por vivenda.
  • Dedución do 60% por actuacións que reduzan un 30% o consumo de enerxía primaria non renovable, ou melloren a cualificación enerxética ata unha A ou B en edificios residenciais cun máximo de 15.000 € por vivenda

 

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.