O Consello Xeral ha subscrito con AENOR un acceso para todos os Colexiados, para poder realizar a consulta a unha colección de normas UNE recollidas nos regulamentos máis significativos no sector da Edificación, e que son:
- Regulamento electrotécnico para baixa tensión ( REBT) - Real Decreto 842 de 2002.
- Código técnico da edificación ( CTE) - Real Decreto 314 de 2006.
- Instalacións térmicas en edificios ( RITE) - Real Decreto 1027 de 2007.
- Distribución e utilización de combustibles gaseosos - Real Decreto 919 de 2006.
- Reacción e resistencia ao lume de materiais de construción - Real Decreto 842 de 2013.
- Eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior - Real Decreto 1890 de 2008.
- Real Decreto 1513/2005, do 16 de decembro polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.
- Real Decreto 286/2006 , do 10 de marzo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído.
- Real Decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.
- Regulamento de produtos de construción. Inclúe o texto do Regulamento de Produtos de Construción (305/2011/UE) e a adopción nacional das normas harmonizadas que dan presunción de conformidade aos requisitos desta lexislación
O acceso realízase mediante o Número de Federado do CGATE (nacional), que se pode obter consultando os datos da Ficha Colexial na área Privada da web e do DNI, a través do seguinte link:
Grazas ao convenio asinado con AENOR os Arquitectos Técnicos colexiados agora teñen un desconto do 20 % na compra de normas UNE, máis información na seguinte ligazón: