CGATE_20.03.23: Modelos de Certificado de Xustificación Mobilidade por Motivos Laborais

O artigo 7 do Real Decreto polo que se declarou o Estado de Alarma establece que as persoas poderán desprazarse e circular polas vías de uso público para acudir aos seus centros de traballo e efectuar a súa prestación laboral.

Esta norma non establece a obrigación de dispoñer dun certificado que acredite que o desprazamento se debe a motivos laborais. Nembargantes, recoméndase que os traballadores/as que exercen por conta propia dispoñan dun certificado no que se xustifique o desprazamento por tales motivos, ao obxecto de facilitar as tarefas de comprobación que exercen os corpos e forzas de seguridade do Estado.

No caso dos traballadores/as por conta allea, recoméndase que as empresas que manteñan a súa actividade expidan a cada unha das persoas que teñan que desprazarse para desenvolver o seu traballo, un certificado empresarial co que cada traballador/a poida acreditar ante os corpos e fozas de seguridade do Estado devandita circunstancia.

Descarga nos documentos adxuntos estos modelos de certificado, facilitados polo CGATE, para xustificar a mobilidad pola vía pública por motivos laborais, un correspondente a traballador/a por conta allea e outro a traballador/a por conta propia.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros