Descarga no documento adxunto escrito do CGATE, sobre a Orde SND/307/2020, 30 de marzo, pola que se establecen os criterios interpretativos para a aplicación do Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, e o modelo de declaración responsable para facilitar os traxectos necesarios entre o lugar de residencia e de traballo.

Dentro das aclaracións que introduce a Orde significamos a expresa mención a que os traballadores por conta propia non se ven afectados por RD-lei 10/2020. Así se establece no artículo 1 da mesma:

“O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, só afecta aos autónomos que prestan os seus servizos en actividades suspendidas pola declaración do estado de alarma. Pola súa parte, o Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, non resulta de aplicación ás persoas traballadoras por conta propia.”

O preámbulo da Orde no seu aparado II tamén fai referencia a esta cuestión indicando o seguinte:

“Conforme ao establecido no artigo 1.1 do Real Decreto-lei indicado, o permiso retribuido recuperable únicamente resulta de aplicación ás persoas traballadoras por conta allea. Por tanto, as persoas traballadoras por conta propia quedan fora do seu ámbito de aplicación, toda vez que non podería facerse efectiva nin a contraprestación económica nin a recuperación de horas que establecen os artigos 2 e 3 desa mesma norma. En consecuencia, os autónomos que desenvolvan actividades que non se viran suspendidas polas medidas de contención previstas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, e o resto de normas que o desenvolven, poden continuar prestando os seus servizos normalmente.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros