O Ministerio de Traballo e Economía Social (MTES) e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) asinaron un convenio de colaboración coas asociacións bancarias AEB, CECA e UNACC polo que as entidades de crédito poderán adelantar o pago das prestacións por desemprego ás persoas afectadas pola actual crise sanitaria. O obxectivo último deste convenio é aliviar o impacto negativo que esta situación pode provocar na renda dispoñible dos afectados e contribuir así a paliar as consecuencias da crise do COVID-19 sobre os colectivos máis vulnerables.
Pica aquí para ampliar a información.