COATAC_20.05.11: Solicitude de pantallas antisalpicaduras de protección contra o Covid-19

Desexando que tanto ti como a túa familia vos atopedes ben, informámosche que este COATAC, seguindo coa intención de facilitar aos nosos colexiados as proteccións necesarias para que poidan realizar a súa actividade, adquiriu pantallas antisalpicaduras que son compatibles co casco, cuyas características indícanse no documento adxunto, ao prezo de custo de 3,27 €(IVE incluido), para que os colexiados interesados poidan adquirilas ata rematar existencias.

Para solicitalas, deberás poñerte en contacto co Gabinete Técnico do Colexio enviando o Boletín de solicitude, a través do correo electrónico: gestiongabinete@coatac.es, indicando a oficina colegial onde desexas adquirilas (A Coruña, Ferrol ou Santiago). Unha vez recibida a petición, poñerémonos en contacto contigo para coordinar a recollida das mesmas (no vaias a recollelas sen previo aviso).

Se non puideses acercarte a recollelas pódenseche enviar por mensaxería, a teu cargo.

A entrega realizarase por rigorosa orde de petición nas oficinas colexiais, para o que debes de enviar cuberto o boletín de solicitude que se adxunta.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros