Publicouse no BOE nº 145, de 23 de maio, Resolución de 20 de maio de 2020, do Congreso dos Diputados, de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.
Na devandita Resolución recóllese o reinicio dos prazos administrativos (1/6/2020), procesais (4/6/2020) e de prescrición e caducidade (4/6/2020), nos seguintes términos:
"Noveno. Con efectos desde o 4 de xuño de 2020, derogarase a disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, relativa á suspensión de prazos procesais. Alzarase a suspensión nesa mesma data.
Décimo. Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, derogarase a disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, relativa á suspensión de prazos administrativos. Desde esa mesma data, o cómputo dos prazos que tivesen sido suspendidos reanudarase, ou reiniciarase, se así se tivese previsto nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.
Undécimo. Con efectos desde o 4 de xuño de 2020, derogarase a disposición adicional cuarta do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, relativa á suspensión de prazos de prescrición e caducidade de dereitos e accións. Alzarase a suspensión nesa mesma data."