O pasado 20 de abril publicouse no DOG o Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e créase o rexistro galego de informes de avaliación dos edificios, que entrou en vigor o 20 de maio. O informe de avaliación é un documento que acredita o estado de conservación do edificio, analiza as súas condicións de accesibilidade universal e informa sobre a súa eficiencia enerxética.
De acordo con este decreto as comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade de 50 anos ou máis dispoñen dun ano para presentar o informe de avaliación no concello, onde estea situado o seu edificio, para que se inscriba no rexistro galego de informes de avaliación, REGIAE. O concello, mediante normativa municipal, poderá estender a obriga da reali-zación de este informe a edificios de outros usos ou edificios de antigüidade menor aos 50 anos; tamén poderán establecer un contido maior do IAE.
Este informe deberá ser elaborado ou subscrito por persoal técnico competente, que estea en posesión de calquera das titulacións académicas e profesionais habilitantes para a redacción de proxectos, a dirección de obras ou a dirección de execución das obras de edificación de acordo co establecido na Lei 38/1999 de ordenación da edifica-ción.
Para a elaboración deste informe deberase utilizar a aplicación informática que estará operativa no portal do IGVS e no seguinte enlace:
MODELO 145: COMUNICACIÓN DE EXECUCIÓN DE MEDIDAS DE SEGURIDADE Ou INSPECCIÓN NOS EDIFICIOS
O Concello da Coruña puxo en marcha o modelo 145, coa finalidade de servir para a comunicación de execución de medidas seguridade ou inspección nos edificios.
A finalidade é que mediante unha comunicación previa póidanse instalar medidas de seguridade nos edificios sen necesidade de denuncia municipal ou autodenuncia da propiedade, como viña ocorrendo ata o de agora.
A taxa neste trámite sería sempre a mesma, 40,19 €.
Podes descargar este modelo nos documentos adxuntos.