GUÍA PARA A ELABORACIÓN DO LIBRO DO EDIFICIO EXISTENTE.
PORTADA GABINETE Notas TécnicasGuía de Elaboración do Libro do Edificio Existente

 

O 14 de decembro de forma telemática, presentouse a Guía para a elaboración do Libro do Edificio Existente para a rehabilitación, impulsada pola Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda do  MITMA, para o desenvolvemento do Anexo I do Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Dirección Xeral de Vivenda e Chan. O documento foi elaborado polo Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja - CSIC, o Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España e o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.

Podes ver a presentación de forma telemática na seguinte ligazón.

Descarga o documento da Guía do libro do Edificio existente no documento adxunto.

Podes consultar esta e outras publicacións do CGATE pincando aquí.

 

 

 

Grazas ao convenio asinado entre o Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Aragón, adaptouse a ferramenta informática para a elaboración do LEEx desa Comunidade Autónoma ao ámbito estatal, poñéndoa ao dispor de todos os técnicos, en condicións económicas especialmente vantaxosas para os colexiados e colexiadas da Arquitectura Técnica.

Así, os informes LEEx que os colexiados/as elaboren a través da ferramenta informática que pon a disposición o CGATE, terán un custo de 16 €+IVE por informe. Pola súa banda, os informes LEEx que outros técnicos non colexiados realicen a través desta ferramenta informática terá un custo de 30 € + IVE por informe. No caso de que teña algunha consulta sobre o funcionamento da ferramenta informática ou queira reportar unha incidencia en relación coa mesma, pode realizalo remitindo un correo electrónico á seguinte dirección: atencion@oficinarehabilitacion.com.

Pica aquí para acceder á ferramenta LEEx.

A través desta dirección pódese acceder directamente á sesión gravada da xornada de elaboración do libro do edificio existente, LEEX, da canle de Youtube:

Xornada sobre a elaboración do Libro do Edificio Existente - Youtube

Para as consultas en relación coa ferramenta poden dirixirse ao seguinte correo: atencion@oficinarehabilitacion.com


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros