Publicouse no BOE o Real Decreto 1129/2021, do 21 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 581/2017, do 9 de xuño, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 2013/55/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de novembro de 2013, pola que se modifica a Directiva 2005/36/CE relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais e o Regulamento (UE) n.º 1024/2012 relativo á cooperación administrativa a través do Sistema de Información do Mercado Interior (Regulamento IMI), en relación co procedemento de recoñecemento de cualificacións profesionais.
Cabe destacar a nova redacción dada ao art. 81 do Real Decreto 581/2017 “Relación de profesións reguladas en España”, onde se concreta a información que deben conter os informe sobre cada unha das profesións reguladas existentes, á vez que se introducen modificacións na regulación da Comisión Interministerial que ha de elaborar a lista de profesións reguladas a efectos do recoñecemento das cualificacións profesionais, nos seguintes termos:
• Determínase a adscrición orgánica da Comisión Interministerial ao Ministerio de Universidades a través da Secretaría Xeral de Universidades.
• Actualízase a súa composición, adecuándose aos cambios organizativos efectuados polo Real Decreto 2/2020, do 12 de xaneiro, polo que se reestruturan os Departamentos ministeriais.
• Sistematízase a expresión das súas funcións, que serán as seguintes:
a) Coñecer dos informes respecto a as profesións reguladas en España elaborados por cada unha das diferentes autoridades competentes españolas e, sobre a súa base, aprobar a lista de profesións reguladas, así como as súas actualizacións posteriores.
b) Recibir un informe de seguimento actualizado sobre as profesións reguladas que fará referencia tanto os requisitos suprimidos ou simplificados, como aos introducidos posteriormente, que será confeccionado conxuntamente polos Ministerios de Educación e Formación Profesional e de Universidades, no ámbito das súas respectivas competencias, a partir dos informes xustificativos de tales decisións elaborados polas autoridades competentes nos seus respectivos ámbitos de competencia e remitido cada dous anos á Comisión Europea polo Ministerio de Universidades.
c) Recibir e intercambiar información entre os distintos Departamentos ministeriais e outros órganos da Administración Xeral do Estado e, cando cumpra, dos órganos das administracións das Comunidades Autónomas e da Administración Local.
d) As demais que se lle atribúan legal ou regulamentariamente.
• Establécese que a Comisión terá unhas regras de funcionamento interno.