Traslada o COATAC unha Oferta de Emprego para os arquitectos técnicos colexiados
PORTADA SERVIZOS Bolsa de EmpregoTraslada o COATAC unha Oferta de Emprego para arquitectos técnicos

Procedemento a seguir para solicitar a publicación de ofertas de emprego para profesionais da Arquitectura Técnica a través do noso servizo de Bolsa de Traballo: será necesario enviar un correo electrónico a bolsatrabajo@coatac.es, indicando os seguintes datos imprescindibles:

Opción A/ Para contratación como asalariado/a:

(Realiza o seu traballo baixo as directrices dunha empresa, baixo contrato laboral e alta na seguridade social como asalariado/a. Suxeito/a a horario da empresa. A persoa ou entidade empregadora proporciona á persoa traballadora os medios para levar a cabo as súas actividades, e ésta percibe mediante nómina o salario establecido no Convenio Colectivo para súa categoría profesional):

  • Identidade da empresa solicitante. En caso de que non desexen que se publique o nome da empresa, fágano constar; do contrario, entenderase que pode publicarse).
  • CNAE da empresa (Código Nacional de Actividade Empresarial). 
  • Denominación exacta do posto de traballo que se oferta. (ex. Xefe de Obra, Técnico/a de oficina...)
  • Perfil do posto de traballo: identificación do convenio colectivo o que se atopa adherida a empresa; tipo de contrato, categoría da táboa salarial que se aplicará á persoa seleccionada (non se tramitarán ofertas de emprego nas que a categoría profesional e/ou retribución sexan diferentes ás especificadas en convenio para a titulación aportada); duración do contrato, ubicación do posto de traballo. 
  • Perfil do/a candidato/a que se busca: (titulación, experiencia, formación específica nalgún campo determinado ou especialidade; coñecementos de programas informáticos, dispoñibilidade xeográfica.....). 
  • Dirección de mail onde se desexa recibir os C.V. dos candidatos. 

(IMPORTANTE: o Colegio -para coñecemento dos seus colexiado/as- fará constar xunto coa circular da oferta, copia do Convenio Colectivo do que se trate, no que constan, entre outros datos, as retribucións mínimas legais para as categorías que corresponden ás titulacións da nosa profesión).  

Opción B/ Ofertas de emprego dirixidas a contratación de Profesional Liberal da Arquitectura Técnica (autónomo) - (non TRADE):

(Oferta para Empresario/a individual ou traballador/a por conta propia, persoa física que realiza de forma habitual, persoal, directa, sen suxeción a horario laboral estipulado pola empresa, e facturando polos servizos prestados -honorarios liberalizados, a determinar polo/a técnico/a-. Non tená un contrato de traballo que o vincule a traballar por conta dun empregador. A súa actividade está regulada polas leis fundamentais:

• Lei 20/2007 de 11 de xullo do Estatuto de Traballador Autónomo,

• Lei 6/2017, de 24 de outubro, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo.)

  • Identidad de la empresa solicitante. En caso de que non desexen que se publique o nome da empresa, fágano constar; do contrario, entenderase que pode publicarse). 
  • Denominación exacta do posto de traballo que se oferta (Xefe de Obra, Dirección de Execución de Obra...) e descrición do traballo a realizar. 
  • Indicar claramente que se trata dunha oferta de traballo para Profesional Liberal.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.