ENQUISA PARA A LEI DE SERVIZOS PROFESIONAIS

Descarga no documento adxunto a nota elaborada pola Corporación con motivo do Informe sobre o Anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais, para a elaboración do que se solicitou información aos Colexios en relación co porcentaxe de encargos profesionais formalizados por persoas físicas durante o período 2007-2010 e os importes das cuotas de incorporación e periódicas por colexiación do presente ano 2011.

Adxunto remíntense dúas táboas coa información recabada a este respecto que arroxan uns resultados de extraordinario interese para:

1) Defender o cumprimento dos requisitos de necesidade e proporcionalidade da colexiación obrigatoria na Arquitectura Técnica, pois cun custo moi baixo ponse a disposición da sociedade non só o rexistro de colexiados que se plantexa substituir por un rexistro administrativo, senón que con estas cuotas fináncianse moito outros servizos de interese xeral.

2) Xustificar a asimetría da información nos servizos que prestan os Arquitectos Técnicos, que son contratados en porcentaxes moi significativos por particulares, o que fundamenta a regulación desta profesión mediante a súa colexiación preceptiva e o establecemento de reservas de actividade (atribucións profesionais).

Estos resultados da enquisa levada a cabo acreditan que o Informe sobre o Anteproxecto de Lei de Servicios Profesionais elaborado polo Goberno aséntase en premisas erróneas polo que respecta á profesión de Arquitecto Técnico, o que resultará de utilidade ao Consello Xeral no momento en que comece a tramitación do Anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais, xa sexa nesta lexislatura ou na seguinte.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros