COMISIÓN DISCIPLINARIA DO COATAC

Con data 21 de maio de 2024 celebrouse a reunión de toma de posesión e aceptación dos membros da Comisión Disciplinaria do COATAC.

O obxecto da devandita reunión é dar cumprimento a:

  • O disposto no artigo 41 f) dos Estatutos Particulares do COATAC publicados no DOG o 19 de decembro de 2022 que establece que o exercicio da potestade disciplinaria corresponde á Xunta de Goberno, salvo que se cre unha Comisión Disciplinaria.
  • Acordo tomado pola Xunta Xeral de Colexiados celebrada o 1/6/2023 que aprobou o Regulamento que regula o réxime de funcionamento da COMISIÓN DISCIPLINARIA do COATAC, así como todos os procedementos administrativos a seguir pola mesma.
  • Artigo 3 a) do devandito Regulamento que establece que corresponde á Xunta de Goberno realizar os trámites necesarios para a constitución da Comisión e toma de posesión dos seus membros.
  • Acordo da Xunta de Goberno do COATAC de data 18 de xullo de 2023 polo que se designaron, conforme ao Regulamento da Comisión Disciplinaria, os colexiados para formar parte da devandita Comisión Disciplinaria.

Coa finalidade de:

  • Formalizar a toma de posesión dos membros titulares e suplentes derivada do nomeamento como membros da Comisión Disciplinaria do COATAC.
  • A aceptación dos cargos nomeados.

Podes descargar no documento adxunto o Regulamento de Funcionamento xunto coa Acta da Toma de Posesión e Aceptación dos membros da Comisión Disciplinaria.