AMTEGA (Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia) infórmanos da posta en marcha do programa “Formación Dixital”, unha formación de nivel intermedio de Competencias Dixitais, promovida pola Xunta de Galicia e financiada o 100% con fondos Next Generation, dirixida a toda a cidadanía. As súas características son:
• Nome do curso: Formación Dixital
• Custo: 100% gratuito
• Duración: 10 semanas
• Tipo de impartición: 100% online (sen horarios)
• Qué obtés: Diploma acreditativo da formación realizada emitido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.
Mais información e inscricións no documento adxunto e en: https://formaciondixital.gal/inscripcion/