Desde o Servizo de Licitacións Internacionais - SALT da Confederación de Empresarios de Galicia envíannos invitación para participar no Taller Formativo en Licitacións Multilaterais: “Preparación da oferta económica. Aspectos a ter en conta”.
A presentación correrá a cargo de Karine Brück International, consultora especializada na internacionalización de empresas mediante licitacións internacionais, con máis de 25 anos de traxectoria no sector.
Detalles do taller:
- Data: mércores 19 de febreiro.
- Hora: 09:00 - 14:00 h (inclúe café networking).
- Formato: híbrido (presencial na sede da CEG en Santiago de Compostela e en liña vía Teams).
- Inscricións a través de salt@ceg.es
- Data límite de inscrición: luns 17 de febreiro.
Este taller está deseñado para proporcionar aos participantes as claves para preparar ofertas económicas competitivas en licitacións multilaterais, optimizando a estruturación de custos, fluxos financeiros e estratexias de prezos. Podes obter máis información sobre o programa aquí.
Os profesionais rexistrados de forma presencial terán a posibilidade de agendar titorías individualizadas unha vez finalizado o taller.
O único requisito para a participación nesta xornada é rexistrarse previamente no noso portal web de SALT. As empresas xa rexistradas en SALT e interesadas en asistir deben de enviar un email a salt@ceg.es e xestionaremos a súa participación.
Para calquera consulta adicional poden contactar con salt@ceg.es