O próximo xoves 8 de maio, Atecyr Galicia organiza de 18:00 A 20:00 h, unha Xornada Técnica sobre Rehabilitación enerxética e CAE: Claves para a rendabilidade e sustentabilidade, na Escola Técnica Superior de Arquitectura – UDC. Campus da Zapateira. 15071 A Coruña, A Coruña (03082), patrocinada por Vivendio, socio protector de Atecyr.
O obxectivo desta xornada é proporcionar aos profesionais do sector unha visión integral sobre cómo integrar o CAE dentro dos procesos de rehabilitación, posicionando este certificado non só como un requisito técnico, senón como unha oportunidade económica clave dentro do mercado actual da eficiencia enerxética. A través de exemplos reais e metodoloxías aplicadas, os asistentes poderán comprender as ventaxas e os beneficios deste enfoque, facilitando a toma de decisións estratéxicas nos seus futuros proxectos.
Nesta xornada abordaranse dúas áreas fundamentais:
- Rehabilitación enerxética de edificios en distintos sectores como o hotelero, educativo, administrativo, sanitario e residencial, mostrando solucións técnicas que combinan aforro enerxético con melloras en confort, valor patrimonial e sustentabilidade. Presentaranse intervencións concretas (envolvente térmica, sistemas HVAC, iluminación, domótica, fotovoltaica) onde o deseño eficiente e o cálculo de aforro foron claves para a obtención de CAEs.
- O proceso de obtención e monetización dos CAEs desde a perspectiva dun Suxeto Delegado acreditado, como Vivendio, explicando paso a paso cómo se articula o proceso: desde a identificación de actuacións elexibles, a preparación técnica e documental, a interacción con verificadores e administraciones, ata a comercialización do certificado. Destacarase a aportación diferencial dos Suxeitos Delegados como facilitadores técnicos, xurídicos e económicos que permiten transformar os aforros enerxéticos en ingresos, axilizando o retorno da inversión en rehabilitación.
Mostraranse ademais casos de éxito representativos, nos que se combinou o CAE con axudas públicas, como os fondos Next Generation, mellorando significativamente a rentabilidade dos proxectos.
A transición cara edificacións mais eficientes e sustentables é un reto e unha oportunidade para os profesionais do sector.
Nestas Xornadas Técnicas, no só abordaranse as claves da rehabilitación enerxética de edificios, senón que tamén profundizarase no estratéxico do CAE como unha ferramenta que vai mais aló do cumprimento normativo, convertíndose nunha fonte de optimización económica e rentabilidade para enxeñerías e instaladoras. Entender o papel dunha empresa Suxeito Delegado neste proceso permitirá aos técnicos ampliar o seu campo de acción, xerando novas oportunidades de negocio e ofreciendo un servizo mais completo e diferencial no mercado da eficiencia enerxética. En definitiva, estas xornadas son unha ocasión única para actualizar coñecementos, compartir experiencias e fortalecer o posicionamento profesional nun sector en plena evolución.
Pica aquí para ver o programa da xornada.