A Tramitación Dixital é un procedemento que o COATAC deseñou, a partires do anterior sistema de Visado Dixital, para facilitar aos colexiados o proceso de tramitar dixitalmente no Colexio todo tipo documentación. Esto inclúe o Visado/Rexistro de expedientes.
É un sistema que se está empregando noutros colexios profesionais, e a súa experiencia indica que realmente é un sistema cómodo e útil, que evita desprazamentos aos colexiados e permite un seguemento on-line do proceso.
Mediante este procedemento preténdese que os colexiados poidan enviar a documentación en soporte dixital, consultar o estado das súas tramitacións dixitais, realizar os pagos correspondentes e obter a documentación tramitada e as minutas correspondentes. Todo isto poderá realizarse dende o despacho do colexiado a través da páxina web do COATAC.
As ventaxas do sistema resultan evidentes. Como é lóxico han de establecerse os criterios e ferramentas para que o proceso poida realizarse de xeito confidencial, segura, acreditando a identidade tanto dos colexiados como do propio colexio e empregando formatos de documentación unificados.
Pica aquí para realizar unha Tramitación Dixital.