Descarga no documento adxunto a Guía de Visado Unificada dos COATs de Galicia, elaborada polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, para facilitar e unificar criterios de visado para toda a comunidade autónoma, coa seguridade e o convencemento de que o visado colexial é garantía de calidade, de seguridade xurídica e de aforro económico.
Este documento consensuado, dispón dunha estrutura de trece capítulos ou traballos profesionais co contido mínimo necesario que deben posuir. Deseñouse para que o usuario dispoña da máxima axilidade, posibilitando acceder ao contido do traballo desexado desde o índice e retornando ao mesmo punto desde o subíndice de cada páxina. Tamén dispón de enlaces directos a diversos documentos que poden ser de interese, canalizándoo ao Colexio da provincia que l le corresponda.
Data de actualización: setembro 2024.