Os colexiados teñen acceso a todos os servizos colexiais deste COATAC.
Pica aquí para ver as vantaxas de porqué colexiarse?
Para poder solicitar o alta como colexiado é preciso:
1.- Resgardo acreditativo do depósito do Título ou no seu caso calquera das seguintes opcións é válida:
- Título de Aparellador/Arquitecto Técnico ou Enxeñeiro de Edificación.
- Testimonio notarial do anterior.
- Orden supletoria do Título.
2.- Recibo de ingreso de cuota de incorporación segun á Certificación de Acordos da Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o 18/06/2024, mantéñense en:
- COTA INCORPORACIÓN (1º ano desde a finalización dos estudos) de corenta e catro euros con trinta e nove céntimos (44,39 €)
- COTA INCORPORACIÓN (2º ano desde a finalización dos estudos) de oitenta e seis euros con cincuenta céntimos (86,50 €)
- COTA INCORPORACIÓN (a partir do 3º ano desde a finalización dos estudos) cento trece euros con cincuenta e dous céntimos (113,52 €)
Pica aquí para ver a conta colexial para o ingreso.
3.- Declaración de non atoparse inhabilitado para o exercicio profesional.
4.- Fotocopia do D.N.I.
5.- 3 Fotografías tamaño carné.
6.- Impreso conta corrente con IBAN e BIC, para autorización de abono de cotas.
7.- Documento IBAN.
8.- Autorización de consulta a RNTUO. (solo cubrir en caso de solicitud expresa por parte del COATAC)
Na Certificación de Acordos da Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o 18/06/2024, mantéñense as cotas colexiais en:
- Durante o primeiro ano de colegiación é de 12,44 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ao COATAC no ano inmediato á finalización dos estudos).
- Durante o segundo ano de colegiación é de 23,91 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ou continúen colexiados no segundo ano inmediato á finalización dos estudos).
- A cota colexial ordinaria para o resto de colexiados é de 29,00 € mensuais.
Podes descargar a documentación necesaria para colexiarse nos documentos adxuntos e solicitar no colexio a ficha colexial que deberás entregar cuberta xunto co resto de documentación asinada dixitalmente ou en orixinal.
https://www.coatac.es/paginas/certificaciones